CRTVG

Buscar

Negreira, un dos 141 concellos libres de covid, frea o virus despois de 14 días sen contaxios

Publicado o 04/05/2021 16:25

Negreira, cuns 7.000 habitantes, chegou a ter máis de 40 contaxiados en decembro. Agora poden presumir de ser un concello libre de covid. O alivio respírase nas rúas, pero non a relaxación, porque a pandemia deixa leccións aprendidas.

Despois de meses pechados, os negocios relacionados co Camiño recuperan a esperanza. Carmen nunca pensou que tería o seu albergue pechado en pleno ano santo. Agora agarda que todos os que están reservando cara ao verán poidan completar a viaxe.

Sergio non quere nin pensar o que suporía un novo peche. Asegura que neste tempo a xente interiorizou as normas, que se pode gozar dos bares con seguridade e que o peor xa pasou.

Outros 140 concellos están libres do virus a día de hoxe en Galicia. Agora o importante é non dar pasos atrás e camiñar paseniño cara á luz do final do túnel.