Aumentan as voces en Unidas Podemos que piden apoiar a Sánchez sen entrar no goberno
Aumentan as voces en Unidas Podemos que piden apoiar a Sánchez sen entrar no goberno. Unha fórmula que tamén defende o PSOE. Os socialistas din que buscarán novas vías para evitar eleccións, pero descartan absolutamente un novo intento de coalición cos de Iglesias.
Primeiro foi Izquierda Unida e despois os Anticapitalistas. Piden un acordo programático co PSOE aínda que sexa sen entrar no goberno e incluso investir a Sánchez e despois facer oposición. Propostas que xa foron descartadas pola dirección de Podemos, que insiste no goberno de coalición.
Dende o PSOE, descartado agora o goberno de coalición con Podemos, apostan por outras vías e poñen como exemplo Portugal: un goberno en solitario apoiado dende fóra por outras forzas de esquerda.
O PSOE atopou un apoio en Esquerra Republicana que seguen dispostos a axudar para que saia a investidura.
"Estou en contacto practicamente diario co PSOE e Podemos. Intentarei que continúe pido que sexamos quen de analizar o momento histórico que temos diante"
Entre as vías que intentará o PSOE tamén continúa a posible abstención de PP e Ciudadanos, aínda que os dous partidos seguen descartando esa posibiliade.