Négase a declarar o único acusado do asasinato da viúva do ex-presidente da CAM
A acusación recoñece unha batalla feroz polo poder no seo familiar, unha guerra polo control das empresas. Os cambios no consello de administración propostos por María del Carmen Martínez, viúva de Vicente Sala e sogra do acusado, serían unha ameaza para Miguel López e tamén o móbil do crime.
Non hai arma do crime, nin mostras de ADN, e as cámaras de seguridade do lugar do asasinato no lavadoiro de coches propiedade da familia estaban avariadas. O xurado popular xa visitou esas instalacións. A fiscalía pide 24 anos e medio de cadea por asasinato e posesión ilícita de armas. A acusación particular que exerce o fillo maior da vítima e cuñado do acusado non ten dúbidas.
María del Carmen Martínez foi asasinada de dous tiros na cabeza o 9 de decembro de 2016.