CRTVG

Buscar

Nécoras, lumbrigantes, cigalas e percebes, os mariscos de tempada máis caros

Publicado o 08/07/2021 13:15

Nécoras, percebes ou moluscos bivalvos. É o marisco que está no mercado nesta época. Os prezos mantéñense altos polo xeral, de acordo coa demanda, a excepción do mexillón, ao alcance de todos os petos A semana pasada levantouse a veda da nécora e nótase. 

Miguel Galbán, vendedor de marisco: "Temos unha nécora grande a 38 euros, unha mediana de 30 e unha pequena sobre 24. A xente anímase a comprar nécora porque levamos desde xaneiro coa nécora pechada. Temos zamburiña galega, e a cigala". 

Os prezos van de acordo coa demanda. Pero hai opcións para petos máis baleiros e tan sabedoiras como as pezas máis caras. 

Dora Otero, vendedora de marisco: "O lumbrigante está a 38 euros, un pouquiño subido de prezo, aínda que xa estivo máis. O máis barato, o mexillón, a 2,50, é económico e fai moi bo prato".

Os vendedores din que a xente ten ganas de comer marisco.

Noticias web

08/07/2021