Nécoras, centolas e mexillóns colonizan o xardín mariño do Porto de Vigo
Publicado o 12/11/2020 14:37
Nécoras, centolas e mexillóns comezaron a colonizar o denominado xardín submarino instalado na dársena do porto de Vigo. É un proxecto posto en marcha hai máis dun ano que ten como finalidade achegar ao gran público a riqueza das rías galegas.
As placas e arrecifes experimentais foron somerxidas hai un ano e reproducen as que hai no medio mariño. Nas estruturas colocadas na dársena do porto de Vigo hai unha grande proliferación de mexillón, pero tamén doutras especies.
Trátase dun xardín submarino premiado xa a nivel internacional. A seguinte fase será achegar o proxecto aos colexios e abrir un observatorio submarino para dar a coñecer a riqueza das rías galegas.