CRTVG

Buscar

'Navegando o Camiño', a travesía en barco para peregrinar a Compostela

Publicado o 28/08/2020 14:24

Peregrinan en barco desde Hondarribia a Compostela. Son os participantes da quinta edición da travesía 'Navega o Camiño', que arribaban esta mañá a Vilagarcía.

"A idea desta travesía é fomentar todas as mariñas do norte de España. Esta é a quinta edición. Empézase desde Hondarribia, aínda que este ano tamén desde A Rochelle", explica Charo Medina , da Asociación Northmarinas

Para conseguir a compostela" peregrinando polo mar é necesario cubrir un traxecto de 100 millas náuticas. Nesta travesía completarán 15 xornadas a vela máis unha final camiñando.

"Nesta edición tivemos 12 barcos participantes, que foron embarcando e desembarcando por etapas. Limitámolo por cuestións de seguridade, pola covid-19. Agora mesmo chegamos seis embarcacións, unha francesa, unha belga e o resto españolas", explica Patricia Alcubilla, coordinadora de 'Navegando o Camiño'.

A travesía rematará mañá, cunha última etapa a pé entre Padrón e Compostela.

Noticias web

28/08/2020