CRTVG

Buscar

Navantia queda finalista para deseñar tres fragatas para Polonia

Publicado o 06/08/2021 15:26
Navantia queda finalista para deseñar tres fragatas para Polonia

Navantia ten máis preto o contrato para renovar a frota da Armada polaca despois de ser seleccionada como finalista neste concurso xunto outros dous estaleiros.

A oferta presentada para construír tres fragatas baséase nas F-100, en servizo na Armada Española, que lle valeron á Navantia históricos contratos de exportación para Noruega e Australia. O contrato final darase a coñecer o próximo ano.

Polonia investirá 115.000 millóns de euros ata 2035 na modernización das súas forzas armadas.

Noticias web

06/08/2021