Náutico Ribeira e Mecos-Coruxo loitarán polo triunfo final na proba feminina da Concha
Publicado o 27/08/2019 16:01
O xoves comeza a clasificatoria para poder disputar a Bandeira da Concha. Poderán seguilo desde as 5 e media da tarde na tvG2. Na proba feminina, Náutico Ribeira e Mecos-Coruxo loitarán polo triunfo final. Na proba masculina, Ares, Tirán, Mecos e Cabo buscarán a clasificación. Cabo da Cruz aspira a facer un bo papel.