CRTVG

Buscar

Natxo González: "Tiñamos que dar un paso adiante fóra de Riazor"

Publicado o 28/01/2019 19:12

A vitoria do Deportivo no Molinón deixa os coruñeses a dous puntos do líder. A clasificación apértase na zona alta da táboa. O Granada, primeiro clasificado, ten 44 puntos. Ségueo o Málaga, con 43, e terceiro é o Deportivo, con 42. Os de Natxo González volveron gañar a domicilio despois de 120 días e ante un rival de entidade. A última vitoria dos coruñeses lonxe de Riazor foi o 30 de setembro, ante o Nástic. 

Natxo González: "Sentiamos que era o día. Tíñamos que dar un paso adiante fóra da casa. Os resultados como local estaban xerando demasiado confort, e hoxe o que pediamos era que se habitualmente damos un oito en Riazor tiñamos que dar un oito no Molinón".

Noticias web

28/01/2019