CRTVG

Buscar

Nas localidades turísticas adiántanse as vendas da lotería de Nadal

Publicado o 28/07/2021 15:08

Cada estación ten as súas tradicións, pero algunhas, como a da lotería de Nadal, parece que están ampliando cada vez máis o seu calendario.

"O 14.021... Todos os anos vimos e mercamos o mesmo número nesta administración, por se acaso", "Sempre!..., pero nunca me tocou, nin aquí nin en Xinzo", din uns veraneantes de Sanxenxo.

"Logo, despois do Nadal, vemos os carteis de 'aquí tocou' e dicimos 'e nós?'", lamenta Juan, un veciño da vila.

A compra dos veraneantes fai que en vilas turísticas como Sanxenxo se rexistren unhas vendas considerables, aínda que logo o retorno da fortuna dos premios tamén é probable que se vaia maiormente con eles.

"Os turistas son os que se levan a palma", recalca Juan.  "Eu adoito levar varios, si","nunca se sabe", recoñecen os veraneantes.  

"Ben, eu pido saúde e con iso xa me conformo", di Juan cunha mestura de resignación e retranca. 

Noticias web

28/07/2021