Nafti: "Non miro os resultados. Busco coherencia"
Publicado o 04/12/2020 21:29
Algo de calor tamén precisaban no adestramento da mañá. Moito frío en Lugo, nada lonxe do que atoparan en Anduva. Viaxa Nafti con Campabadal e Xavi Torres pero sen Pita, Puma, Iriome, Canella e Manu Barreiro. Pero o técnico non se queixa: "Non hai excusas nin coas sancións nin cos lesionados"
O caso é que os resultados, últimamente, non acompañan. Son catro xornadas seguidas sen gañar pero Nafti preocúpanlle máis outras cousas. "Non miro os resultados. Temos que xogar con coherencia", asegura o adestrador do Lugo.
Pois a ver se acompaña ante o Mirandés. A última vitoria a domicilio foi hai xa nove xornadas en Logroño.