CRTVG

Buscar

Nafti aposta pola fortaleza defensiva ante o Málaga

Publicado o 26/11/2020 20:47

Catro partidos en doce días, o primeiro foi ante o Oviedo o martes, e case sen tempo a recuperar o Lugo afronta este venres a visita a Málaga. Nafti fará varias rotacións no once inicial, o adestrador non quere perder efectivos.

Mehdi Nafti, adestrador do C. D. Lugo: "Queremos xestionar ese segundo Tourmalet nas mellores condicións, o primeiro foi bo a nivel de puntuación todo foi moi precipitado, pero é verdade que perdemos xente polo camiño con varias lesións que non queremos repetir neste segundo período dun partido cada tres días".

Para o técnico albivermello a prioridade é a defensa, de feito é o adestrador que menos goles leva encaixados nas súas nove primeiras xornadas en Lugo. Nafti teno claro.

Mehdi Nafti, adestrador do C. D. Lugo: "Hai que buscar o equilibrio, pero nós a nivel defensivo non é negociable e somos conscientes das nosas limitacións. O que espere ver un Lugo tendo un fútbol combinativo, moi vistoso nese sentido, pois vaino ter cru".

Campabadal arrastra molestias e é dúbida. Nafti destacou o potencial dos andaluces e agarda volver cun resultado positivo da Rosaleda.

Noticias web

26/11/2020