CRTVG

Buscar

Nadal, eliminado de Roland Garros nun memorable partido contra Djokovic

Publicado o 12/06/2021 09:30

Rafa Nadal, o trece veces gañador de Roland Garros, non poderá revalidar o galardón acadado o ano pasado. Perdeu na semifinal contra o seu rival na final de 2020, Novak Djokovic. 

Foi nun partido memorable cos dous grandes do tenis mundial facendo o seu mellor xogo. Nadal dominou o primeiro set pero cedeu o segundo. A chave estivo no tie break dun terceiro set igualadísino no que o manacorí chegou a ter unha bola de set pero acabou perdendo na morte súpeta. O cuarto e definitivo sería de dominio de Djokovic que terá a oportunidade de conseguir a súa segunda vitoria en París.