CRTVG

Buscar

Nadal eliminado

Publicado o 12/06/2021 00:17
Nadal eliminado

Nadal eliminado

O tenista español Rafael Nadal caeu eliminado en semifinais do torneo de Roland Garros. Perdeu fronte ao serbio Novak Djokovic en catro sets, por 3-6, 6-3, 7-6(4) e 6-2. Agora o serbio disputará a final contra o grego Stefanos Tsitsipas.Esta é a terceira derrota de Nadal en París nun total de 108 partidos e a segunda contra Djokovic, actual número 1 do mundo. O partido rematou fóra do horario marcado polo toque de queda que rixe en Francia dende as once da noite.