CRTVG

Buscar

Nada cambia en grandes concellos como Ribeira ou Carballo a partir do sábado

Publicado o 05/11/2020 21:09

En Carballo os veciños poderán seguir acudindo ás terrazas e bares e restaurantes continuarán abertos coas restricións de ocupación actuais. Tamén poderán xuntarse en grupos de seis aínda que non sexan conviventes. Non cambiará nada a partir do sábado.

O concello de Carballo está dividido en 18 parroquias que suman máis de 31.300 habitantes. E malia que non se verá afectado polas restricións de mobilidade, o nivel de incidencia de covid-19 rexistrado é elevado, con máis de 42 casos novos nos últimos 14 días.

Outros grandes concellos galegos que librarán tamén das restricións máis duras son Ribeira, Noia ou Gondomar. Aínda que en todos eles o nivel de incidencia do coronavirus é menor que en Carballo.

Noticias web

05/11/2020