CRTVG

Buscar

Nacen dúas burras xemelgas en Oza-Cesuras

Publicado o 28/04/2021 14:57

Espelidas, xoguetonas e agarimosas. Así son estas burriñas xemelgas que naceron este luns á tarde en Oza-Cesuras. Cando a burra se puxo de parto, os donos pensaron que a cría ía ser moi grande, pero cal foi a súa sorpresa cando souberon que viñan dúas...

Tras este curioso nacemento, as primeiras horas foron clave para a súa evolución, pero ningunha das dúas presentou problemas.

A burra recuperouse estupendamente e ás poucas horas de parir fuxiu, deixando as crías, pero atopárona non moi lonxe pouco despois. Agora as tres están felices xuntas.

Cando antes se contaban por millóns, agora en España só quedan arredor de 65.000 burros comúns e só 2.000 de pura raza. Por iso aquí, en Oza-Cesuras, apostan por protexelos.