CRTVG

Buscar

Nace unha cabra hermafrodita nunha explotación gandeira na serra da Grova

Publicado o 24/05/2021 14:20

Na explotación gandeira de Baiona teñen visto de todo nos últimos corenta anos. A estrela deste rabaño de 270 cabras e sen dúbida Paquita, unha cabritiña que naceu hai dúas semanas cunha xenética moi particular.

Segundo o gandeiro, Celestino Barreiro: "Puxémoslle Paquita, que é nome de muller, pero ten os dous órganos reprodutivos. É moi vergonzosa porque se adoita agochar, é tímida".

Non é o primeiro caso que ten Tino dunha cabra hermafrodita. O ano pasado a nai de Paquita tivo outra, aínda que os órganos reprodutivos non estaban tan marcados.

"A Paquita de carácter vai ben e medra moi ben, neste momento igual xa pesa catro quilos en bruto, a nai é moi boa e ven dunha xenética moi boa", di Tino Barreiro.

A maiores da singularidade de Paquita, Tino saliente a importancia do gando para o equilibrio do ecosistema: "Estamos facendo todos os día unha función moi grande para o tema dos incendios, e de moitas cousas, porque con estes animais nós durante o ano, entre cabras e vacas, debemos de limpar unhas 100 ou 120 hectáreas". 

O cabrito criado de xeito natural nos montes da Serra da Groba cotízase alto no mercado. É o resultado do esforzo e dos coidados dos gandeiros da zona.

Noticias web

24/05/2021