CRTVG

Buscar

Nace en Galicia unha nova sociedade público-privada coa que captar fondos europeos

Publicado o 03/05/2021 15:52

Nace en Galicia unha nova sociedade coa que captar fondos europeos para impulsar iniciativas empresariais que dinamicen a nosa economía. A Xunta, Abanca, Reganosa e Sogama están detrás desta iniciativa público-privada.

O primeiro gran reto vai ser axudar a madurar os proxectos incluídos na candidatura galega aos Next Generation. A proposta coa que a nosa comunidade opta a eses fondos europeos inclúe máis de 350 proxectos que poderían mobilizar un investimento de preto de 20.000 millóns de euros.