Nace en Compostela o Mercado Galego da Creatividade
Como quen busca acubillo cando vai frío e chove, arte e talento cen por cento galego buscaron tamén o seu paraugas. Atopárono en Compostela, as máis de cen marcas que viven baixo o amparo de Creativas Galegas, están xa a cuberto. A partir de agora, no Mercado Galego da Creatividade.
No cesto da compra colle de todo: gastronomía, artesanía, moda, arte... todo, sempre e cando sexa sensible de ser creado e coidado con moita creatividade. E así ata 23 marcas ás que se irán sumando moitas máis.
Pezas únicas e selectas, de calidade e proximidade. As que foxen do convencional. As que, malia chegar con data de caducidade e despois desta tan positiva posta en escena, venden billetes xa para que o Mercado Galego da Creatividade teña función permanente en Compostela.