CRTVG

Buscar

Na Unidade Cardiovascular da Muller fan un seguimento específico por xénero

Publicado o 07/03/2019 20:03

Unha mesma doenza pódese manifestar de maneira distinta en homes e mulleres. E tamén é diferente a forma no que afrontan uns e outros o proceso de rehabilitación. Por iso no Servizo de Cardioloxía da área de Santiago consideraron que era preciso crear unha unidade específica que tivera en conta os factores de xénero. 

Os estudos clínicos constatan que padecer unha enfermidade cardiovascular non é o mesmo para homes e mulleres.

Para axustar mellor a oferta asistencial o Servizo de Cardioloxía da área sanitaria de Santiago creou unha unidade especifica para atención das enfermidades cardiovasculares da muller. Hai só nove meses que botou a andar, pero xa se notan os seus efectos. Neste tempo lograron que o número de mulleres que reciben rehabilitación cardiovascular pase do 20 ao 50%.




 

Noticias web

07/03/2019