CRTVG

Buscar

Sanidade analiza as solicitudes para pasar á fase 1, pero non resolverá ata a tarde do venres ou a mañá do sábado

Publicado o 07/05/2020 15:17

E todas as comunidades están pendentes do que decida o Goberno central para avanzar no desconfinamento. Cando coñeceremos a resposta a esta solicitude?

Probablemente a última hora do venres ou o sábado. Toca agardar, o Goberno completa esta tarde a rolda de contactos coas comunidades autónomas para analizar esas propostas, onte á tarde foi a xuntanza con Galicia, e despois fará un exame técnico de todas esas propostas.

A de Galicia vén acompañada dun plan de reacción do sistema sanitario que supera amplamente os requisitos do Goberno e tamén duns datos de incidencia da pandemia favorables, en principio, para pasar o luns á fase 1.

Fernando Simón, director do centro de Coordinación de Alertas Sanitarias: "É unha decisión que ten que tomar o ministro de Sanidade dacordo coa comunidade autónoma, previa discusión con outros sectores e previo informe técnico. Haberá un informe técnico específico para cada unha das comunidades autónomas onde se indicará os criterios que cumpre e a avaliación conxunta dos mesmso".

Noticias web

07/05/2020