CRTVG

Buscar

Fin de semana sen toque de queda en Lugo: a zona de viños énchese de comensais

Publicado o 16/05/2021 18:47

Primeira fin de semana completa logo do levantamento do estado de alarma e a zona dos viños en Lugo está ateigada de familias e amigos que quedan para tomarse unhas tapas.

Ponte festiva, pero a tradición dos viños segue sendo un dos atractivos da capital lucense. Con todo, e a pesar de que xa non hai toque de queda, outras medidas fan que a actividade hostaleira non sexa a habitual.

Na próxima revisión, agárdase que haxa o mesmo horario en toda a hostalería e tamén cambios nos aforos. É a forma de recuperar a actividade.

Normalidade, pero con máscara e sen aglomeracións para evitar que haxa contaxios de coronavirus.

Noticias web

16/05/2021