Na ponte crúzanse os que acaban as vacacións cos que as inician
Publicado o 14/08/2019 14:39
É o destino turístico vacacional do norte de España e iso nótase nas rúas e nas praias ateigadas de xente. Pero como todo o que empeza ten un final, hoxe é para moitos o día de marchar e de volta á rutina. O verán en Sanxenxo continúa, pero un pouco máis tranquilo porque hoxe remata a quincena do boom turístico.
Pese ao tempo adverso o índice de ocupación mantívose moi alto e apenas houbo cancelacións. Sanxenxo é sol e praia pero tamén un destino naútico, gastronómico e de ocio diúrno e nocturno.
Co remate da primeira quincena de agosto, Sanxenxo recupera un pouco de tranquilidade que é o que buscan os que elixen os últimos días do mes.