CRTVG

Buscar

Na nova normalidade, que pasa coas terrazas?

Publicado o 22/10/2021 21:20

A pandemia deixounos en toda Galicia terrazas ampliadas, invadindo mesmo as calzadas, para que os hostaleiros puidesen sobrevivir en medio dunha emerxencia sanitaria que limitaba as cabidas no interior. Agora, coa progresiva volta á normalidade, a gran pregunta é que facer con elas.

Algúns cren xusto volver pagar taxas por elas e reducir o seu tamaño. Outros apostan porque sigan esas compensacións para poder acondicionalas e usalas tamén no inverno. Entre os cidadáns semella que, malia que algúns recoñecen que as terrazas ampliadas poden provocar algunha molestia, hai preferencia pola súa continuidade.

O debate está aberto, e mentres, en lugares como Valencia, xa aprobaron que volvan ocupar o mesmo espazo que tiñan antes da pandemia.
 

Noticias web

22/10/2021