CRTVG

Buscar

Na noite de onte caeron máis de 2.000 raios en toda a comunidade

Publicado o 07/09/2021 16:57

Unha noite alumeada por máis de dous mil lóstregos. Así viviron a madrugada nas provincias da Coruña e Pontevedra. Hoxe haberá chuvascos nalgúns puntos, pero o gran cambio vén da man das temperaturas, que van baixar notablemente. 

Noite de tronos e lóstregos, así caían os relampos en Compostela esta madrugada. As treboadas afectaron sobre todo as provincias da Coruña e Pontevedra.  

Segundo os datos computados por Meteogalicia, caeron máis de 2.000 raios desde as dez da noite de onte. Hoxe continuarán os ceos parcialmente cubertos e os chuvascos intermitentes, pero con menos intensidade que na noite pasada. O cambio será nas temperaturas.

A partir de hoxe baixarán as temperaturas, entre seis e oito graos nalgunhas zonas e mesmo  ata 10 graos nalgúns puntos. Ese descenso térmico afectará primeiro as provincias da Coruña e Pontevedra e posteriormente a Lugo e Ourense.

Noticias web

07/09/2021