CRTVG

Buscar

Na mina de lousa máis grande do mundo traballan as 24 horas do día

Publicado o 18/03/2021 16:39

Baixo a terra, o traballo non cesa as 24 horas do día. No que é a mina de lousa máis grande do mundo, en Carballeda de Valdeorras, traballan medio cento de persoas dividas en dous equipos: un que se encarga de abrir as galerías e darlles forma ás cámaras, e outro, dedicado á extracción da lousa.

José Luis leva 25 anos traballando na mina. Forma parte do equipo que se encarga de abrir novas galerías e preparar as cámaras. É de Castela e León, como moitos dos seus compañeiros.

Pasan a súa xornada laboral baixo terra, traballando á luz dos focos. Para Félix, que traballou nunha canteira ao aire libre, a mina ten vantaxes porque a temperatura mantense constante. Porén, a humidade impregna o ambiente. A auga é fundamental para evitar o po. 

Unha vez extraída a lousa, condutores como Xosé lévana ao exterior por un labirinto de galerías. Experiencia fundamental para ser quen de traballar a centos de metros baixo a terra.

Noticias web

18/03/2021