Na Costa da Morte seis concellos están en nivel alto de restricións
Laxe vive a súa semana de festas patronais. Pero este ano non vai haber procesión marítima, nin simulacro do naufraxio. Queren evitar aglomeracións porque o concello volver estar en nivel alto de restricións por casos de covid.
Boa parte dos actuais 28 casos activos detectados neste concello están vencellados a xuntanzas de botellón. Por iso esta semana realizaron un cribado na poboación de 16 a 25 anos. Participaron 90 dos 170 mozos que foran chamados, e revelouse un caso positivo máis.
Na Costa da Morte hai seis concellos en nivel alto de restricións: Laxe e Malpica deste esta fin de semana. E outros seis concellos en nivel medio.
Os únicos que marchan con boa evolución son Carballo e Cee, que nos últimos días diminuiron a súa taxa de contaxios.