CRTVG

Buscar

Na Coruña hai zonas da cidade onde o lixo segue sen recollerse

Publicado o 01/02/2019 14:37

Crece o malestar entre os veciños da Coruña polo lixo que se amorea nas rúas. Este é aínda o estado que presentan moitos dos colectores da cidade, seis días despois de desatarse o conflito.

Segundo os traballadores, as avarías nos camións de recollida continúan, e aínda que se está a reforzar o servizo, non é posible cubrir todas as rutas. Din que dos trinta vehículos que onte estaban preparados para saír traballar, finalmente, só pudieron facelo 18. Confían en que a situación se normalice nas próximas horas.

 

Noticias web

01/02/2019