CRTVG

Buscar

Non hai estimación de vítimas ante os desastres provocados polas riadas na China

Publicado o 21/07/2021 08:21

As riadas están ocasionando unha auténtica desgraza na China, como demostra o rescate ao límite dunha muller. Un auténtico río está a punto de tragala. A escena repítese noutros puntos da capital de Henan, o punto cero destas inundacións.

De momento, non hai estimación de vítimas, pero témese o peor. Polas rúas, vese como a auga arrastra corpos, coches, e canto atopa ao seu paso. A Organización Mundial da Saúde advirte que son consecuencias do cambio climático.

Noticias web

21/07/2021