Na Arxentina a pandemia está en máximos: 537 falecidos nun só día
Publicado o 23/04/2021 09:23

O virus non dá tregua tampouco na Arxentina, onde acaban de rexistrar un triste fito, o maior número de mortos nun só día. Foron 537 falecidos en 24 horas. O país austral sofre unha gran tensión no seu sistema sanitario e os contaxios non paran de incrementarse.
Alí están coa segunda vaga do coronavirus, e teñen, como o resto do planeta, a esperanza posta na vacinación. Na Arxentina morreron por causa da covid−19 máis de 60.600 persoas.