CRTVG

Buscar

Murillo regresa ao Celta cunha cesión con opción de compra

Publicado o 01/09/2021 08:54
Murillo regresa ao Celta cunha cesión con opción de compra

No Celta tiveron una noite tranquila. O obxectivo era Murillo, e a fichaxe do colombiano fíxose oficial contra as nove da noite. Jeison Murillo volverá vestir a camiseta celeste, por terceira temporada consecutiva, logo de que o club vigués lograse novamente a súa cesión. Cesión con opción de compra. Murillo ten contrato coa Sampdoria ata xuño do 2023, pero unha temporada máis non entraba nos plans do equipo italiano.

O Celta insistiu e a operación pechouse. Murillo compartirá vestiario con Okay. Finalmente o turco non atopou acomodo en Inglaterra e seguirá en Vigo.

 

Noticias web

01/09/2021