CRTVG

Buscar

Murcia únese ás comunidades en risco baixo

Publicado o 08/10/2021 18:41
Murcia únese ás comunidades en risco baixo
EP

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres, con datos achegados polas comunidades autónomas, 2.309 novos casos de coronavirus, dos que 956 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 792 rexistrados o luns, o que eleva a 4.973.619 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia. 

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, tras alcanzar o risco baixo este xoves, cun total de 48,92 casos por cada 100.000 habitantes, o informe de hoxe mostra que esta segue diminuíndo, ao notificar 48,18 casos.   

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 77. Na última semana rexistráronse 118. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 86.778 persoas.   

Actualmente hai 2.136 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 550 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 176 ingresos e 214 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 1,75 por cento e nas UCI no 6 por cento.

Noticias web

08/10/2021