CRTVG

Buscar

Murcia retira nunha semana 4,5 toneladas de peixes mortos das beiras no Mar Menor

Publicado o 23/08/2021 21:55
Murcia retira nunha semana 4,5 toneladas de peixes mortos das beiras no Mar Menor

Murcia retira nunha semana catro toneladas e media de peixes mortos das beiras do Mar Menor. Este luns, os restos de peixe encontráronse no norte da Manga.

Ata agora, a mortalidade centrábase no sur e sueste do Mar Menor. Segundo os expertos, trátase dun novo episodio de falta de osíxeno na auga. O anterior ocorreu en 2019 e recolléranse dúas toneladas menos de peixes mortos.  

A ministra de Transición Ecolóxica visitará o mércores a zona para analizar a grave deterioración ambiental do Mar Menor.

 

Noticias web

23/08/2021