CRTVG

Buscar

Murcia pecha bares e restaurantes para controlar a pandemia

Publicado o 04/11/2020 12:29
Murcia pecha bares e restaurantes para controlar a pandemia

O comité murciano de seguimento da covid-19 decidiu este mércores o peche de todos os establecementos hostaleiros da rexión de Murcia para frear a pandemia, segundo informou o Goberno rexional.

O xefe do Executivo de Murcia, Fernando López Miras, presidiu no Palacio de San Esteban a reunión do comité científico, cuxo portavoz, Jaime Pérez, dará conta en conferencia de prensa dos acordos adoptados.

A Rexión de Murcia atópase desde o 28 de outubro en peche perimetral e entre os seus 45 municipios.