CRTVG

Buscar

Andalucía non obriga a asinar o consentimento informado aos menores de 60 anos que rexeiten Pfizer

Publicado o 25/05/2021 19:10
Andalucía non obriga a asinar o consentimento informado aos menores de 60 anos que rexeiten Pfizer

Murcia e Andalucía retomaron hoxe a vacinación dos menores de 60 anos que puxeran a primeira dose de AstraZeneca en abril. Son as primeiras comunidades en facelo. No caso de Andalucía, non obrigan a asinar o consentimento informado os que rexeiten a vacina de Pfizer e opten por completar a pauta con AstraZeneca. De momento non hai datos oficiais sobre cantas persoas elixiron cada soro.

Noticias web

25/05/2021