Muñoz e Roca recoñecen delitos de fraude e prevaricación por varias operacións urbanísticas de Marbella
Publicado o 30/11/2020 15:14

O exalcalde de Marbella, Julián Muñoz, recoñece os delitos de fraude e prevaricación que lle imputa a Fiscalía. Nunha declaración por videoconferencia debido ao seu estado de saúde, o exrrexedor asumiu os cargos e aceptou a pena de seis meses de cárcere e inhabilitación.
O exasesor urbanístico e cerebro do caso Malaya, Juan Antonio Roca, tamén recoñeceu fraude en varias operacións urbanísticas de Marbella. O xuízo que comezou hoxe na Audiencia de Málaga, tamén senta no banco dos acusados exedís do GIL e varios empresarios.