CRTVG

Buscar

Multitudinarias protestas no Brasil contra os recortes en educación

Publicado o 31/05/2019 08:24

Nova xornada de protestas no Brasil contra os recortes do orzamento en educación.

Milleiros de estudantes e profesores volveron sair ás ruas este xoves en todo o país para amosar o seu rexeitamento ao axuste anunciado polo Goberno do ultradereitista Jair Bolsonaro. Supón unha redución de fondos para a educación duns 1.450 millóns de dólares e afecta todos os niveis do ensino.

Noticias web

31/05/2019