Multitudinarias protestas contra o racismo toman as rúas dos Estados Unidos
Ao grito de "As vidas negras importan" miles de persoas fixeron retumbar a capital dos Estados Unidos, na maior protesta tras a morte de George Floyd asfixiado baixo o xeonllo dun policía.
As protestas de Wasghinton confluíron diante da Casa Branca. Durante horas os manifestantes repetiron cánticos para reivindicar cambios estruturais que acaben coa violencia contra os afroamericanos, que alí teñen o triplo de probabilidades de morrer a mans da Policía.
Tras as marchas pacificas da mañá, uns 20 mil manifestantes continuaron á tarde noutros actos en Manhattan desafiando o toque de queda.
E lograron bloquear o tráfico na emblemática ponte de San Francisco
Di un mozo que ante o racismo que ocorre hoxe en día, a xente trataba de actuar como se non existise, pero simplemente nunca se resolveu. Agora, engade, finalmente todo o mundo está empezado a velo, a aceptalo para abordalo.
"Se miras ao teu redor ves xente branca, ves xente asiática, ves xente negra loitando pola mesma causa. E iso dáme esperanza".
As protestas non deixan de medrar, dende Nova York e Os Ánxeles, onde houbo enfrontamentos coma este entre un grupo de manifestantes e partidarios de Trump.
Durante estes días os participantes denunciaron abusos policiais continuos. Este sábado foron imputados dous axentes que empuxaron un ancián contra o chan en Bufalo tras difundirse un vídeo coas imaxes das agresións.