Multitudinaria recollida de lixo mariño na illa de Ons
Publicado o 20/02/2020 16:18
En poucas horas estes voluntarios están a xuntar centos de envases plásticos, botellas, bastonciños dos oídos, redes de pesca ou anacos de porespán que devolve o mar ás praias deste Parque Nacional.
A actividade busca sensibilizar sobre o enorme problema do lixo mariño que vemos, pero tamén do que non vemos, eses microplásticos que están mesturados na area e na auga, que xa non se poden recoller, pero pasan á nosa alimentación a través do peixe.
Trátase, ademais, dunha recollida integradora na que participan colexios, escolas forestais e tres asociacións de persoas con discapacidade que están a poñer o seu grao de area nunha loita en que todos estamos chamados a participar.