CRTVG

Buscar

Multitudinaria marcha no décimo aniversario do asasinato de Marta del Castillo

Publicado o 26/01/2019 21:37

Preto de catro mil persoas recordan a Marta del Castillo dez anos despois da súa desaparición e piden a repetición do xuízo. Os pais e o avó da moza asasinada encabezaron a marcha que este mediodia percorreu o centro de Sevilla.

Unha multitudinaria marcha arroupa os familiares de Marta del Castillo no décimo aniversario do seu asasinato. Este sábado, preto de catro mil persoas percorreron o centro de Sevilla para pedir que se repita o xuízo porque consideran que "hai culpables na rúa".

En prisión entrou unicamente o autor confeso do crime, Miguel Carcaño. O "Cuco", o menor que tamén fora condenado, está en liberdade tras cumprir case tres anos de internamento por encubrimento. Os demais acusados quedaran absoltos de todos os cargos.

Tras dez anos de ausencia, o corpo da moza segue sen aparecer . Os pais piden xustiza. Na manifestación houbo persoas de todas as idades. E entre elas moitas das familias que sufriron de preto crimes nos últimos anos en España.

Noticias web

26/01/2019