Multiplícase a demanda de piscinas por mor da pandemia
Nunha empresa ourensá que fabrica piscinas con colectores marítimos, ultiman o derradeiro encargo do verán: un vaso de 12 metros con destino a Ibiza.
David González Rey, fundador da empresa MyBoxExperience: "Tivemos unha demanda que xa non temos stock de piscinas. É o produto máis demandado. Estivemos facendo piscinas incluso para o estranxeiro: Portugal, acabamos de cerrar un contrato con Suíza... eu creo que se triplicou".
Aumentaron as vendas e tamén os alugueiros. Particulares, empresas de eventos e mesmo concellos e outras institucións que contratan piscinas para os meses de verán. "Todo depende das necesidades, de como sexa a piscina, pero entre 800 e 1.000 euros ao mes", di Enrique Rodríguez Vega, xerente de operacións de MyBoxExperience.
O boom empezou xa o verán pasado, o primeiro da pandemia, e continuou este 2021 en que seguimos con limitacións de capacidade nos espazos públicos e grupos burbulla para reducir contaxios.
Iso si, cada vez hai que encargalas con máis antelación, debido a esa elevada demanda. A lista de espera pode alongarse meses.