Multiplicáronse por catro en Galicia as reclamacións dos consumidores coa pandemia
Ata nun 80% aumentaron as reclamacións dos consumidores nos primeiros meses da pandemia. Sobre todo, as vencelladas á cancelación de viaxes e actividades de lecer. Non se levaban a cabo, pero tampouco se devolvían os cartos. Tamén se incrementaron as ligadas a compras por Internet pola demora excesiva nas entregas e a falta de espazos onde reclamar as empresas. Por contra, as que teñen que ver co comercio tradicional acusaron unha baixada pola redución da actividade.
"Non nos devolven os cartos senón que nos dan un papeliño que di que podemos desfrutar diso máis adiante, pero sen concretar. Por iso tivemos moitas reclamacións", Víctor Muñoz, avogado especialista en consumo.
En Lugo tamén influíu a parada na medición dos contadores da auga que está a traer estes días facturas demasiado elevadas e que xa se están reclamando. Outro motivo de reclamación estivo nos seguros, moitos dos cales non inclúen coberturas en casos de pandemia como a actual. Con todo, os expertos cren que os dereitos se van consolidando. "Os dereitos non teñen por que cesar nin ser menores. A situación foi moi dura, pero iso non significa que non debamos reclamar."
Os especialistas lembran que sempre é mellor reclamar ou polo menos informarse ante calquera suposto abuso para fortalecer eses dereitos dos consumidores que hoxe se conmemoran.