CRTVG

Buscar

Multas de ata 200 euros en Cangas por reservar sitio nas praias

Publicado o 15/08/2021 14:26

Poucos minutos logo das nove e media da mañá xa hai toallas, parasois e cadeiras nesta praia de Francón. Hai máis obxectos que persoas a estas horas do domingo, por aquí xa pasou a policía local logo da imaxe denunciada onte por un internauta nas redes sociais.

Os poucos que hai destas horas na praia non queren falar con nós. Un deles rodeado de toallas baleiras dinos que ten catro fillos que baixarán agora. Sí que falan con nós os partidarios da rotación nos areais e aos que non están dispostos a baixar ás oito da mañá para coller sitio.

Contra as once da mañá a praia xa está medio chea, peor será cando suba a marea. O concello de Cangas está preocupado por esta situación e lembra que a actual ordenanza prohibe reservar sitios e contempla multas de entre 90 e 200 euros por estas prácticas, ademais da retirada dos obxectos persoais.


 

Noticias web

15/08/2021