CRTVG

Buscar

Estacionar unha autocaravana en zonas prohibidas pode saír caro

Publicado o 09/06/2021 15:17

O Grove conta con áreas de aparcadoiro e cámpings privados, pero non dispón de ningunha praza pública para autocaravanas. Na Illa de Arousa si, habilitaron 23 no aparcadoiro da praia do Bao. Pero son insuficientes, así que por non pagar, os autocaravanistas invaden espazos non autorizados e incluso protexidos e iso é o que as autoridades non van permitir.

"As autocaravanas poden estacionar coma un vehículo calquera o que non poden é estacionar como están facendo esta temporada enriba de dunas, enriba de praias, chegan a todos os sitios", informa ​ Luis Arosa, concelleiro da Illa de Arousa.

Uns turistas portugueses que están no Grove van a Pontevedra a facer o intercambio de augas porque alí é de balde. Eles só paran nun cámping como último recurso. Cansos dos autocaravanistas que incumpren, A Illa e O Grove xa anuncian multas que poden chegar aos 1.500 euros.

Tamén Cangas quere organizar os seus accesos aos areais e a policía vai sancionar os vehículos mal estacionados.

Noticias web

09/06/2021