Multan un cine por non deixar pasar comida de fóra
Publicado o 25/10/2019 15:46
A situación non é nova. Pasoulle a María Jesús cando ía ao cine coa súa filla diabética de sete anos.
As respostas ás súas reclamacións foron pouco claras e non tiveron o efecto desexado. Agora unha sala de cine de Badaxoz exponse a unha sanción administrativa de 3.000 euros por este motivo.
O Instituto Galego de Consumo está a tramitar varias denuncias neste eido. De feito, se non existe unha prohibición explícita na sala de cine, non nos poden impedir a entrada con comida á sala.
Previamente deberemos solicitar unha folla de reclamacións que deberán asinar as dúas partes.