Multan con 150.000 euros un membro de La Manada por difundir un dos vídeos
Publicado o 02/05/2019 21:58

A Axencia de Protección de Datos acaba de impoñer unha multa de 150.000 euros a un dos integrantes de La Manada. A sanción prodúcese como consecuencia da difusión do vídeo onde se ve como abusan sexualmente dunha moza nas festas de San Fermín en 2016.
O avogado do ex-militar Alfonso Jesús Cabezuelo anuncia que recorrerá a multa xa que, segundo explicou, o devandito vídeo non se fixo público en ningún sitio debido a que foi borrado no seu día. As imaxes só se puideron recuperar para o xuízo grazas á intervención de especialistas da Policía Foral de Navarra.