CRTVG

Buscar

Multan o avogado de Sito Miñanco por utiliza un cigarro electrónico no xuízo

Publicado o 31/01/2019 20:28

Multa ao avogado de Sito Miñanco por utilizar un cigarro electrónico na sala de vistas. Aconteceu durante o xuízo contra o seu defendido, condenado por narcotráfico, no mes de novembro. A Audiencia Provincial de Pontevedra sancionou con 2.000 euros o letrado Gonzalo Boye por utilizar un cigarro electrónico na sala. De feito, os maxistrados tiveron que suspender durante media hora o xuízo por mor deste incidente. A resolución foi notificada ao Colexio de Avogados de Madrid para que conste no expediente persoal do avogado chileno.

Noticias web

31/01/2019