CRTVG

Buscar

Multan o alcalde de Verín por ir sen seguro, sen ITV e nun coche a nome dun falecido

Publicado o 30/12/2020 16:54
Multan o alcalde de Verín por ir sen seguro, sen ITV e nun coche a nome dun falecido

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, foi multado pola Garda Civil de Tráfico. Nun control, os axentes descubriron que o rexedor socialista conducía un coche sen seguro, sen ter pasada a ITV e que estaba a nome dunha persoa falecida.

O propio alcalde asegura que todo é responsabilidade do establecemento de compravenda onde mercou ese coche. Para o Partido Popular verinés, a situación é unha vergoña.

Noticias web

30/12/2020