Multado con 1.700 euros por agredir os gardas de seguridade no festival O Son do Camiño
Publicado o 18/10/2021 14:37

Un dos asistentes ao festival O Son do Camiño de Santiago terá que pagar 1.700 euros de multa por agredir dous gardas de seguridade.
O incidente produciuse en setembro de 2019, na última edición do festival antes de que a pandemia obrigase a suspendelo. Os traballadores responsables da seguridade trataban de baleirar o recinto do Monte do Gozo, tras acabar os concertos. Un dos asistentes negouse a marchar e reaccionou con moita agresividade, golpeando na cara dous dos gardas. O acusado negou os feitos, pero a versión das vítimas foi ratificada por unha testemuña.