CRTVG

Buscar

Multa para os ex-deputados da CUP que se negaron a declarar

Publicado o 27/02/2019 21:01

O tribunal que xulga o proceso independentista en Cataluña acordou este mércores a imposición dunha sanción de 2.500 euros para cada un dos ex-deputados da CUP que se negaron a responder, o que é obrigatorio para as testemuñas, ás preguntas que lle ía a realizar o avogado da acusación popular exercida por Vox.

Segundo informaron fontes xurídicas, agora os ex-deputados teñen cinco días para pronunciarse e comunicar ao tribunal se persisten na súa decisión de non contestar. Se se retractan, volverán ser citados outro día; en caso contrario, deducirase testemuño do seu comportamento por un delito de desobediencia grave, o que consiste en remitir a un xulgado ordinario de Madrid as actas da sesión.

Noticias web

27/02/2019